A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que terá lugar o luns 01/06/26, coa seguinte Orde do día:
1. Proposta de modificación da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma da Galiza. Descargar
Tal e como se indica na documentación que nos achegaron, esta proposta "vén motivada pola necesidade das obrigas derivadas de diversas convocatorias de ingreso en distintos corpos e de garantir que todas as persoas que se convocarán para a elección de destino con carácter definitivo, poidan optar á elección dun posto clasificado no seu subgrupo de pertenza."
Para achegarnos o que consideres, podes contactar coa CIG.