Despois do desastre de convocatoria de elección de destino destas escalas onde se duplicaron prazas, se ocultaron prazas sobrantes do concurso, meteron prazas que non pasaron polo concurso, meteron en varias escalas prazas con requisitos non esixidos na convocatoria sen aumentar en igual número ás sen requisitos, sacaron listados con xubilados e falecidos, etc, etc, etc... Función Pública reacciona e vén de publicar unha nota informativa sobre a elección de destino das escalas sociosanitarias coa seguinte información:

N O T A  I N F O R M A T I V A

ELECCIÓN DE DESTINO DAS ESCALAS SOCIOSANITARIAS


SUBGRUPO A1: MEDICINA, PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA.
SUBGRUPO A2: ENFERMARÍA, FISIOTERAPIA, TRABALLO SOCIAL, TERAPIA OCUPACIONAL, EDUCADOR SOCIAL.
SUBGRUPO C1: ESCALA TÉCNICA DE GOBERNANTE/A.
SUBGRUPO C2: AUXILIAR DE CLÍNICA.

Por razóns técnicas, o acto de elección de destino das escalas socio sanitarias iniciarase o luns día 13 de xullo de 2026.

As persoas afectadas disporán de 3 días hábiles para facer a súa elección. (Data de inicio 13 de xullo, data de fin 15 de xullo, ambos incluídos)

Entre hoxe e mañá enviarase o código de acceso a todas as persoas aspirantes que van participar neste acto de elección.

O luns día 13 publicarase no DOG unha modificación da resolución do 3 de xullo de 2026 pola que se convoca ao acto de elección de destino as persoas que superaron os procesos selectivos das escalas sociosanitarias.