Na modificación da RPT do Medio Rural os postos creados son insuficientes e non prevalece o sistema ordinario de provisión de postos, aínda que se incluíu o posto no acordo do SPIF. Canto á RPT de Presidencia, Xustiza e Deportes, non tiveron en conta o incremeto de media hora en todos os postos de persoal limpador, non aceptaron o aumento do complemento específico dun posto de subalterno e doutro de técnico de funcións facultativas.
Na orde do día da Comisión de Persoal do 10 de xullo tratáronse dúas modificacións de RPT:
RPT da Consellaría do Medio Rural
- Aínda que se solucionou favorablemente a inclusión do posto no acordo das condicións especificas do persoal técnico do SPIF, consideramos insuficientes os postos creados, ademais de non prevalecer o sistema ordinario de provisión dos postos nos niveis 22 e 25, co cal o noso voto foi a abstención.
RPT da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Non se tivo en conta o incremento de media hora a todos os postos de persoal limpador dos edificios xudiciais de Pontevedra, que regularizaría os horarios cos da gran maioría do persoal da Xunta.
- Tampouco atenderon á nosa proposta de aumento do complemento específico do posto de persoal subalterno do Complexo Deportivo de Monterrei, que pasa a ter xornada especial, en igualdade co outro posto existente no mesmo centro —a igual traballo, igual salario!
- Por último, non consideraron a alegación da CIG coa proposta de aumento do complemento específico do posto de persoal técnico en funcións facultativas con xornada especial, debido a que vai realizar traballo fóra dos horarios xerais do persoal traballador da Xunta; e mesmo para os postos existentes en todas as RPTs que teñen estas mesmas escalas.
- Votamos en contra.