Na xuntanza do día 14 de xullo coa Consellaría de Medio Rural sobre o persoal enxeñeiro de montes e enxeñeiro técnico forestal, tratouse, entre os puntos da orde do día, as bases para a provisión de postos de concurso específico (consulta pinchando aquí a información deste punto) e a solicitude de coeficientes redutores para a xubilación anticipada.
Coeficientes redutores
A Consellaría fai súa a proposta que o grupo parlamentar do PP vai levar ao Parlamento galego no que pretende iniciar este procedemento de coeficientes redutores instando ao goberno da Xunta de Galiza para que tramite ante o INSS (dependente da Administración do Estado e único organismo do que dependen os coeficiente redutores) ao abeiro do RD 402/2025 no que a iniciación do procedemento é conxunta entre as organización sindicais máis representativas e a Administración contratante, neste caso a Xunta de Galiza.
A Consellería refire que segundo os informes xurídicos de Función Pública esta é a única opción para tramitar os coeficientes redutores, máis descoñecemos ditos informes pasándose a pelota entre consellarías sobre que os debe facilitar.
Na xuntanza falouse da posibilidade de que Medio Rural faga unha interpretación ampla para incorporar ao colectivo de persoal técnico ao procedemento que facilitou o acceso a estes do colectivo de bombeiros/as forestais.
Refiren que isto non é unha decisión política, senón un problema de procedemento e cumprimento lexislativo e emprazan aos asistentes a volver xuntarnos logo do período de alerta.