Novas por contido

O martes 14 de xullo, discutimos con Medio Rural a súa proposta de Concurso Específico para os postos de xefaturas de distrito forestal. Constatouse unha máxima da moi rica e variada gastronomía galega: igual que temos caldo de repolo, de nabizas ou de grelos coas miles de variantes comarcais e incluso familiares, a Xunta pretende emulala nos concursos específicos. 

O Concurso Específico é, xunto coa Libre Designación e o Concurso Ordinario, unha das tres formas de provisión previstas, basicamente para as xefaturas de servizo, algunhas seccións, e direccións de centros, e ven a ser unha especie de libre designación con estabilidade por cinco anos, tempo tras o que deben pasar unha avaliación que habilitaría a súa remoción do posto, o que supón unha espada enriba da súa cabeza. En definitiva, teremos mandos intermedios máis dóciles, menos independentes, que poden ser cesados do posto.

A pesares de que esta forma de provisión está prevista pola LEPG dende o ano 2015, e a pesares de que no ano 2022 se aprobou o Decreto que regula a súa cobertura, a día de hoxe os 800 postos de concurso específico están todos ocupados en comisión de servizos.

En xuño do 2025 a dirección xeral de Emprego Público impuxo un modelo de bases xenéricas para a convocatoria destes postos, bases que posteriormente cada consellería debería concretar. En grandes liñas, o modelo: 

  • Non obriga a un prazo máximo para convocar as prazas, nin para resolver o procedemento.
  • Hai unha primeira fase, de valoración obxectiva, que debe puntuar un mínimo do 55%, e unha segunda fase, de valoración subxectiva e que inclúe unha entrevista, que debe valorarse nun máximo do 45%. Cada consellería pode decidir as porcentaxes.
  • Dentro de cada fase, relaciona unha serie de méritos que nin son de valoración obrigatoria, nin fixa a puntuación de cada un deles.
  • Valora o tempo traballado en comisión de servizos. Non aceptamos que unha decisión a dedo poida constituír un mérito.
  • Contempla a posibilidade de valorar a impartición de formación, cando non existen mecanismos transparentes e obxectivos para decidir quen serán docentes de formación continua.
  • A comisión de selección está formada por 4 persoas da propia consellería (máis unha da DXEP), unha comisión de selección que tenderá á endogamia.

Estas liñas conforman un mecanismo de selección que pode, facilmente, adaptarse ao que en cada caso interese.

O que nos presenta agora a Consellería de Medio Rural, como era de esperar, difire da convocatoria que xa aprobou a Consellería de Facenda para determinados postos, e que ratifica a nosa certeza de que cada consellería vai facer o que lle peta. A modo de exemplo:

 Méritos do modelo aprobado   Convocatoria de Facenda   Convocatoria de Medio Rural  
 Antigüidade  0,025 ptos/mes, máx. 9 ptos. (30 anos)   0,05 ptos/mes, máx. 15 puntos (25 anos) 
 Traballo desenvolvido  Máx. 12 puntos:
 -0,030 ptos/mes nivel sup.
 -0,025 ptos/mes nivel igual.
 -0,020 ptos/mes nivel <=2
 -0,015 ptos/mes nivel <=3
 Non aparece este mérito
 Cursos formación  0,01 ptos/hora, máx. 1,5 ptos/curso, máx. 7 puntos    Igual, agás o máximo, que pasa a 15 puntos. 
 Lingua galega Máx. 2 puntos  Idem
 Competencias dixitais Máx. 2 puntos  Non aparece este mérito
 Experiencia profesional específica   0,17 ptos/mes, máx. 15 puntos  Distinguen dous casos:
 -0,04 ptos/mes como xefe de distrito forestal. Máx. 12 puntos 
 -0,027 ptos/mes no posto convocado. Máx. 8 puntos
 Conciliación  0,014 ptos/mes de excedencia, máx. 0,5 puntos.  Mesmo puntuación, pero non especifica modelo
Titulación académica  Máx. 1 punto   Suben a 1,5 puntos
 Destino previo cónxuxe  Máx. 0,5 puntos  Non aparece
 Idioma estranxeiro   Máx. 1 punto  Idem
 Grupo de pertenza  A1: 5 puntos. A2: 4,25 puntos  Non aparece


Medio Rural viña coa intención de convocar o concurso específico só para as xefaturas de distrito de Lugo, pero é posible que amplíen aos distritos de todo o País. A CIG reclama a convocatoria de todos os postos de Concurso Específico, non só as xefaturas de distrito.

Conclusión: rexeitamos esta forma de provisión de postos (defendemos que sexan todos de concurso ordinario, coas excepcións que se poidan pactar), e se o manteñen, que anulen a segunda fase (subxectiva), ou aumenten a puntuación da obxectiva, e en todo caso, que o modelo sexa o mesmo para todas as consellerías, sen posibilidade de adaptalo ao que en cada caso lles interese.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...