Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala de auxiliar de coidadores, subgrupo C2, é polo que se lle solicita que se envíe coa maior brevidade posible copia...".

O mércores 2 de setembro contactamos co Servizo de Selección de Persoal para falar sobre o asunto, e comunícanos que o permiso de conducir NON É UN REQUISITO IMPRESCINDÍNBEL para o persoal auxiliar coidador e polo tanto a Xunta NON PODE EXIXIRLLE NIN QUE O TEÑA NIN QUE O PRESENTE.

Por isto informamos que a súa presentación e/ou incorporación ao seu expediente FIDES é un acto VOLUNTARIO, NUNCA UNHA OBRIGA!!!!