O que non resulta admisible é establecer unha norma de seguridade sen dotar previamente os vehículos e o persoal dos medios necesarios para poder cumprila.

Hai que  cumprir a norma SI, pero co material adecuado:

1. Real Decreto 1215/1997

• Art. 2: definición de equipo de traballo.
• Anexo I, apartado 1.6: risco de caída superior a 2 m → varanda ou protección colectiva equivalente.
• Anexo II, apartado 1.2: acceso e permanencia seguros nos lugares necesarios do equipo.
• Anexo II, apartado 4.1.1: prioridade da protección colectiva sobre a individual.
• Anexo II, apartado 4.1.4: dispositivos adecuados contra caídas.

2. Real Decreto 2177/2004, que modifica o RD 1215/1997 especificamente en materia de traballos temporais en altura.

3. Lei 31/1995 de PRL

• Art. 14: dereito á protección eficaz.
• Art. 15: evitar riscos e prioridade da protección colectiva.
• Art. 17: equipos de traballo e EPI adecuados.

4. Real Decreto 773/1997, se se pretende solucionar mediante arnés ou EPI anticaídas.