No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análises de laboratorio; no corpo de auxiliares de carácter técnico, escalas de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante, e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento.

 

C1: escalas técnicas de:

► mantemento de servizos

► recuros naturais e forestais, especialidade capataz

► mecánico naval

► patrón de embarcación

► guía-intérprete de patrimonio cultural

► de cociña

► de conducción

► análise de laboratorio

 

C2: escalas auxiliares de:

► gardas de recursos naturais

► cociña

► mantemento

► laboratorio

► conducción

► recursos naturais e forestais, especialidade oficial

► mariñeiro-vixilante 

 

AP:

► escala persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña

► escala persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, escala de recursos naturais e forestais

► escala de mantemento

 

Procedemento:

1.- Para os procesos selectivos non afectados pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, e no suposto de que unha persoa aspirante figure incluída no anexo I en diferentes corpos, deberá optar por un deles no acto de elección de destino e solicitar nos restantes a exce dencia por prestación de servizos no sector público no mesmo prazo previsto na disposi ción terceira, sempre que se cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

Para os procesos selectivos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, será de aplicación o disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxen tes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. Non se pode pedir excedencia

2.- O acto de elección desenvolverase de acordo cos seguintes criterios: 1. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, a orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.

3.- Para o acceso á aplicación informática de elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

4.- No prazo máximo de dous días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correcta mente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Direc ción Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios. ( Días 1 e 2 de outubro)

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución se leccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación. (Días 5,6 e 7 de outubro)

5.- A elección de destinos deberase realizar a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da seguinte páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/ eleccion-destino

6.- Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

De elexir “ renuncia” ou “ solicitude de excedencia” deberá presentar esta por escrito no Rexistro da Xunta de Galiza no mesmo prazo previsto na disposición terceira De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de pre ferencia, os destinos que se ofertan

7.- Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Admi nistración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para o caso deberán empregar o modelo co código PR004A

8.- Na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino es tará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino