A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo.

A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de traballo.

A maiores, modifican as escalas que poden acceder á xefatura de servizo de ensino e titulación nautico-pesqueira na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.