A EGAP vén de convocar un curso monográfico estruturado arredor dos seguintes contidos:

  • A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable: antecedentes, obxectivos e metas.
  • Os 17 obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) como reto e oportunidade para as administracións públicas: implementación da Axenda 2030.
  • Alianzas e coordinación na Xunta de Galiza para conseguir a Axenda 2030: a Comisión Interdepartamental.
  • A Axenda 2030 en Galiza: diagnóstico do ámbito ambiental.
  • Cooperación local no mundo global: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • O proceso de implementación da Axenda 2030 e os ODS nas universidades galegas a través da Rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento (RGCUD).
  • A acción exterior no marco da Axenda 2030: o IV Plan director da cooperación galega.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións autonómica e local galegas, dos entes instrumentais e das universidades de Galiza. No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder profesionais interesados/as no tema.
Lugar: EGAP, Compostela
Datas: 17 e 18 de xuño de 2019
Horario: 10.00-14.00 h e 16.00-19.00 h
Prazas: 50
Inscrición: dende as 8.00 h do 5 de xuño até as 23.55 h do 12 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula
Criterios de selección: a orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes, dando preferencia ao persoal empregado público.
Máis información: DOG núm. 104 do 4 de xuño de 2019.