No DOG do 02/08/2021 nomean como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 e as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.