No DOG do 20/08/2021 a EGAP publica a convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de agosto ao 1 de setembro de 2021.

Convocan tres edicións na modalidade de teleformación, de 60 horas de duración, do o 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021. A proba final será o día 19 de novembro ás 10.00 horas.