No DOG do 24/08/2021 a EGAP convoca un curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación).

Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal que presta servizos nos seguintes centros de traballo:

– Na Comarca do Carballiño: Residencia de Tempo Libre do Carballiño, Residencia do Carballiño para maiores con autonomía, Centro Sociocomunitario do Carballiño, Oficina de Emprego do Carballiño e xulgados nº 1 e 2 do Carballiño.

– Na Comarca do Barco de Valdeorras: Casa Grande de Viloria, Centro Sociocomunitario do Barco de Valdeorras e xulgados nº 1 e 2 do Barco de Valdeorras.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.