No DOG do 30/08/2021 a EGAP convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 21 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021.