No DOG do 01/09/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación, para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- ACORDO do 9 de agosto de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Entre outros, acordan anular preguntas, establecer os puntos mínimos para a superación do exercicio e publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas.

Abren un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación no DOG, para presentar o Celga correspondentes ou o título equivalente debidamente homologado.