No DOG do 22/09/2021 publican a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 30 de setembro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.