No DOG do 02/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, da Consellería de Facenda, pola que se fai pública a data, o lugar e a hora de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 15 de novembro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.