No DOG do 03/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar na Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único para cada especialidade, que se distribuirá como se detalla a seguir:

Subgrupo e especialidade Data do 1º exercicio Hora de chamamento
C2-Bombeiro forestal condutor de motobomba 27.11.2021 9.30 horas
C2-Emisorista/vixilante fixo/a 27.11.2021 16.30 horas
C2-Bombeiro/a forestal 27.11.2021 9.30 horas