No DOG do 05/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 12 de novembro de 2021, ás 16.00 horas, en chamamento único, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.