No DOG do 08/11/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, sobre o segundo exercicio.

O Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado.

En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio exentas de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo.

Publican a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuación acadada, e que se indican no anexo deste acordo.

Procede iniciar a fase de concurso, para a valoración dos méritos que aleguen as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición.

- RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas. Polo tanto, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria, procede iniciar a fase de concurso para valorar os méritos que aleguen as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición