No DOG do 08/11/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publican a cualificación da persoa aspirante convocada.

- RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Publican o procedemento que se deberá seguir para acreditar os méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica nesa resolución.