No DOG do 11/11/2021 publica a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/ as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fan públicas as cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio do proceso selectivo.

As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

As persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio e para os efectos de estar exentas de realizar o cuarto exercicio, disporán dun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para acreditar que posuían, antes do día de finalización do prazo disposto na base I.2 da convocatoria, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado.