No DOG do 12/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fan públicos varios acordos.

Publican as puntuacións, rectificadas de acordo coa corrección dos exercicios acordada en sesión do 21 de xullo de 2021, obtidas polas persoas aspirantes presentadas para realizar o primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal