No DOG do 23/11/2021 o Valedor do Pobo publica a RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de dúas prazas vacantes nesta institución.

Para seren admitidos, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Non exceder a idade de xubilación forzosa.

Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións correspondentes.

Non ter sido obxecto dunha separación de servizo de calquera Administración pública mediante expediente disciplinario nin dunha inhabilitación con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

Ter a condición de funcionario/a de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao subgrupo C2 ou grupo D.

As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ao Valedor do Pobo de Galiza. O prazo de presentación será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.