No DOG do 09/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 14 de decembro de 2021 en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.