No DOG do 10/12/2021 publican o ACORDO do 2 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas polo Acordo do 27 de outubro de 2021 (DOG núm. 213, do 5 de novembro) e feita unha nova corrección respecto ás trinta e dúas reclamacións recibidas, catro ven modificada a súa puntuación, aínda que isto non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Publican no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que viron modificada a súa puntuación.