No DOG do 10/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo AP.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 16 de decembro de 2021, ás 16.00 horas, en chamamento único, na aula 11 da Escola Galega de Administración pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.