No DOG do 20/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2021, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo, funcionpublica.xunta.gal