No DOG do 27/12/2021 a EGAP publica o Plan de formación para o ano 2022.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galiza, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galiza e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (UDC, USC e UVigo).