No DOG do 27/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 48, do 8 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que nomean persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 48, do 8 de marzo).

Nomean persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan nos anexos destas resolucións, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudícanlles como destinos provisionais os que figuran nos mesmos anexos.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no DOG.