No DOG do 28/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, na totalidade das quendas, no corpo facultativo de grao medio, escala servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publican a cualificación das persoas aspirantes convocadas.