No DOG do 28/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Anulan varias preguntas, asignan a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada e publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

De conformidade co disposto na base II.1.1.3, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na lista publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal de persoas aspirantes que teñen acreditada a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galiza.

De acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, para as especialidades de bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, con carácter previo á realización do segundo exercicio, as persoas aspirantes deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar: «Que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico». O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Non serán tidos en conta aqueles certificados que non indiquen o sinalado anteriormente.