No DOG do 04/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Declaran exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.