No DOG do 20/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022 pola que se establece a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Co obxecto de determinar a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022, realizarase en acto público o sorteo o día 26 de xaneiro de 2022, ás 10.00 horas, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.