No DOG do 24/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Convócanse as persoas aspirantes da especialidade de emisorista/vixilante fixo/a para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo os días 27 e 28 de xaneiro de 2022, en chamamento único, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se indica no anexo I.

Convócanse as persoas aspirantes das especialidades de bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo os días 1, 2, 3 e 4 de febreiro de 2022, en chamamento único, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se indica no anexo II.