No DOG do 03/02/2022 a AMTEGA publica a RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación).

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección efectuarase nunha única fase polo procedemento de concurso, que consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos/as aspirantes e na defensa dun plan de actuación que se puntuarán de acordo co baremo sinalado, cuxa puntuación máxima é de 100 puntos.