No DOG do 03/02/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza.

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza, que se encontren en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 15 de febreiro de 2022.

CURSOS DO ANEXO II

Código: CV22025. A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia para a Administración local.

Código: CV22026. A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública.

Código: CV22027. Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais.

Código: CV22028. Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Código: CV22029. A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios.

Código: CV22030. Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral.