No DOG do 04/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022 comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «T».