No DOG do 07/02/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2022.

Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse trinta cursos de linguaxe administrativa galega e cinco de linguaxe xurídica galega.

O número de prazas por curso será de 25.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 17 de febreiro de 2022.