No DOG do 07/02/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos deste tribunal.

- RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se declara finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.