No DOG do 10/02/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno, do 31 de xaneiro de 2022, polo que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

De conformidade co establecido na base II.2.3 da convocatoria, os méritos que se baremarán na fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación de instancias, que foi o 21 de agosto de 2020.

A documentación que deba presentarse para tomar parte no concurso dirixirase á Comisión de Goberno do Consello de Contas. O prazo de presentación será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG.