No DOG do 10/02/2022 o Parlamento de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022 pola que se nomea como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado polo Acordo do 10 de maio de 2021.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galiza, a interesada deberá tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galiza.