No DOG do 11/02/2022 publica a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo.

De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral de Función Pública do 1 de decembro de 2021, onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, o nivel mínimo de coñecemento da lingua galega, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentas de realizar o quinto exercicio do proceso selectivo.