A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 1 a 4. Ir ao DOG.

Os cursos son de valde, nas modalidades presenciais e en liña, cunha duración de 70 horas. As solicitudes fanse dende o web https://formacion-lingua.xunta.gal no prazo de 15 días hábiles dende o seguinte á publicación da Resolución no DOG (ata o 7 de marzo).

Haberá cursos presenciais nas localidades da Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

  • Na Coruña, Ferrol e Compostela, celga 4.
  • En Lugo, celga 3
  • En Ourense celga 3 e 4
  • En Pontevedra celga 3
  • En Vigo celga 4
  • En liña, celga 1, 2, 3 e 4.

Todos os cursos, incluidos os que son en liña, realizaranse entre o 21/03/2022 e o 12/05/2022.