No DOG do 17/02/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Cursos que se convocan:

Código: CV22013. Nome do curso: prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.

Código: CV22012. Nome do curso: Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre. Nivel básico.