No DOG do 18/02/2022 publican o ACORDO do 10 de febreiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Anulan os acordos anteriores adoptados por este tribunal sobre o segundo exercicio do proceso selectivo.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal