No DOG do 18/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2, publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3 respecto da documentación xa presentada con anterioridade por aqueles que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.