No DOG do 18/02/2022 publican a Resolución do 15 de febreiro do 2022 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo II ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe Concurso de traslados.

Diferen os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no DOG a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderá optar entre os dous postos adxudicados.

En aplicación do parágrafo segundo da base I.2.a) da convocatoria do concurso, relativo ás persoas que están obrigadas a participar nel e non obtivesen praza como consecuencia da resolución do concurso, adxudícaselles, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo ou escala de entre aqueles que quedaron vacantes. En consecuencia, adxudícase ás persoas que se relacionan no anexo III o posto de traballo especificado.