No DOG do 21/02/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido nestes procesos selectivos.

Declaran finalizada a fase de oposición dos procesos selectivos.