No DOG do 10/03/2022 a Axencia de Turismo de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU981A).

Nese DOG tamén publican o EXTRACTO da Resolución do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU981A).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II da RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

O pagamento das bolsas realizarase por períodos mensuais vencidos.